O estaleiro vigués Cardama comeza a construción dunha das dúas patrulleiras encargadas polo Uruguai
O contrato garante dous anos e medio de carga de traballo para o estaleiro vigués e para outras empresas auxiliares
O estaleiro vigués entregará un barco militar ao Senegal
Coa colocación da quilla comezou a construción da primeira das dúas patrulleiras que o Goberno do Uruguai encargou a Cardama por un valor superior aos 80 millóns de euros. Un contrato que garante dous anos e medio de carga de traballo para o estaleiro vigués e para outras empresas auxiliares.
O destino das patrulleiras será cumprir con tarefas de vixilancia. Cardama tamén puxo no mar un barco militar que, unha vez realizadas as probas de navegación, será entregado ao Senegal.
E é que o sector naval galego está a aproveitar as novas políticas de defensa e seguridade. O reforzo das armadas dalgúns países converteuse nun importante nicho de mercado para os nosos estaleiros. Está previsto que a primeira patrulleira que Cardama constrúe para O Uruguai estea rematada en agosto de 2026.