Cargando resultados...
O Essentia sorprende ao Bribón en Sanxenxo
Na clase Open o triunfo final foi para o Momo de Dieter Schoen
G24.gal
12/06/2022 21:57
En Sanxenxo rematou a regata Rei Xoán Carlos con cambios na última xornada. O Bribón perdeu o liderado de Clásicos logo dunha rotura na segunda e definitiva rolda do día. Foi superado polo Essentia de Catalin Trandafir, que levou a vitoria.
Na clase Open, a regularidade do Momo patroneado por Dieter Schoen levouno tamén ao triunfo xeral. Esta regata serviu de preparación para o mundial da clase 6 Metros, que comeza o martes, tamén en augas de Sanxenxo.