Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino vence ao Araski e o Baxi cae co Jairis na xornada do baloncesto feminino

O Ensino vence ao Araski e o Baxi cae co Jairis na xornada do baloncesto feminino

O Ensino resolveu o choque no último cuarto, limitando ao Araski a 8 puntos (62-56)

O Baxi Ferrol complicou o partido co Jairis (81-62) nun mal segundo cuarto

Foto: @EnsinoLugoCB Foto: @EnsinoLugoCB
G24.gal 14/12/2025 14:19

O Ensino acadou ante o Araski a sétima vitoria da temporada. Logo de tres cuartos moi igualados, as luguesas racharon o encontro no derradeiro, cun parcial de 17-8. Imane Tate con 19 puntos e 23 de valoración foi a mellor do partido. Nese último cuarto meteu catro triplas para decantar o encontro.

E o Baxi perdeu na súa visita ao Jairis 81-62. O partido complicouse no segundo cuarto, cando apañaron un parcial de 14-8. Joiner, 13 puntos, foi a máxima anotadora das departamentais. O xoves disputan a volta da eliminatoria da Eurocup ante o Geas italiano. Verémolo ás 20:45 na G2

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade