Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ensino supera o Baxi no segundo tempo e logra o título galego (71-58)

O Ensino supera o Baxi no segundo tempo e logra o título galego (71-58)

As ferrolás marcharon por diante ao descanso (32-38), pero non foron capaces de neutralizar a Giomi e Castedo

G24.gal 01/10/2023 14:10

O Durán Maquinaria Ensino proclamouse campión de Galicia de baloncesto feminino logo de gañarlle ao Baxi Ferrol por 71-58 nun gran segundo tempo. 

Na primeira metade mantívose a igualdade durante quince minutos (22-24) pero no treito final o Baxi estivo moito máis atinado con Howard facendo moito dano na pintura. Chegou a ter oito de marxe e foi ao descanso seis arriba (32-38). 

O partido cambiou no terceiro cuarto. Apareceron Giomi e Tate e, desde a defensa o Ensino comezou a recurtar diferenzas ata recuperar o mando no partido. Comezou o último período cun 51-46 e malia os intentos das de Lino López xa non soltaría o mando do partido ata o final. Especialmente inspirada estivo Esther Castedo no derradeiro período, en que logrou oito puntos que certificaron o triunfo lucense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos