Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dobre éxito galego na novena xornada da Liga Feminina de baloncesto

Dobre éxito galego na novena xornada da Liga Feminina de baloncesto

O Durán Maquinaria Ensino impúxose por 61-51 ao IDK Euskotren grazas a un gran partido de Lydia Giomi (24 puntos e 14 rebotes)

O Baxi Ferrol remonta en Madrid diante do Estudiantes e acaba gañando por 83-86

G24.gal 04/12/2025 09:36

Gran xornada para o baloncesto galego na novena xornada da Liga Feminina. O Durán Maquinaria Ensino gañoulle ao IDK Euskotren en Lugo por 61-51 e o Baxi Ferrol impúxose na pista do Movistar Estudiantes por 83-86. 

O Ensino recuperou o camiño da vitoria despois de dúas derrotas. Impúxose ao equipo vasco do IDK grazas á súa gran defensa no primeiro tempo. Ao descanso o marcador era de 32-20. No terceiro cuarto recuperou o cadro visitante (40-36) pero sentenciou o conxunto lugués nos últimos tres minutos para asegurar a vitoria. Maxistral actuación de Lydia Giomi con 24 puntos e 14 rebotes, a mellor xogadora da xornada. 

O Baxi Ferrol tamén gañou na pista do Movistar Estudiantes nun partido fundamental para as aspiracións de meterse na Copa da Raíña. As de Lino López recuperáronse dun mal primeiro cuarto (26-15), chegaron metidas no partido ao descanso (42-37) e afrontaron o último cuarto a só un punto do cadro madrileño (65-64). O Estudiantes mantívose por diante ata que quedaban 2:18 para o final cando unha canastra de Blanca Millán puxo o Baxi por diante (75-76). Tres bos ataques culminados por Joris, Joiner e Daniels definiron o partido. 

O Ensino ocupa o sexto posto da clasificación con seis vitorias e o Baxi é décimo con catro triunfos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar