Publicador de contidos

Publicador de contidos

Camilo Díaz, presidente do Ourense C. F.: "Un día para gozar e poder soñar"

Camilo Díaz, presidente do Ourense C. F.: "Un día para gozar e poder soñar"

O Couto xa está preparado e coas bancadas supletorias colocadas para recibir o Athletic

G24.gal 17/12/2025 14:45 Última actualización 17/12/2025 14:53

A cidade de Ourense vive horas frenéticas preparando todo para vivir unha noite grande na capital termal. O Ourense C. F., erixido como o auténtico mataxigantes desta edición da Copa do Rey, verase as caras no Couto para medirse ao Athletic Club de Bilbao, un histórico do fútbol nacional que non visitaba a cidade das Burgas desde facía máis de seis décadas.

Camilo Díaz, presidente: "Este é o templo do fútbol ourensán. Un día para gozar e poder soñar".

Os locais estarán arroupados por toda a súa xente co obxectivo de dar outro machadazo histórico á competición e coa confianza en Ouhdadi ,o puñal do 'mataxigantes'desta edición. O Couto xa está preparado e coas bancadas supletorias colocadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade