Antonio Hidalgo: "A miña primeira gran noite en Riazor"
O técnico deportivista agradeceu o apoio da afección de Riazor
Defendeu a participación dos canteiráns e loou o goleador Noé Carrillo
O adestrador do Deportivo, Antonio Hidalgo, amosaba a súa felicidade tras a clasificación do equipo herculino ós oitavos de final da Copa do Rei:
"Estou incriblemente contento polo vivido esta noite en Riazor. Foi a miña gran primeira noite aquí. Foi un espectáculo o estadio, como empurrou desde o primeiro momento".
"É un golpe anímico moi bo. Era o terceiro partido seguido na casa e tiñamos que darlle a volta ás emocións e as sensacións. Fixemos un gran partido. Goceino moitísimo e estou encantado".
"Noé é un rapaz que nese último terzo ten unha arrancada diferencial. Tivo unha lesión polo que non estivo máis con nós. Contento por eles, eles o gañan e nós atrevémonos a poñelos".
"Un día moi bonito, gocei moitísimo. Outros días seguro que sufrín máis. Había un sentimento que cando Riazor empurra desta forma é moi difícil que escapen cousas de aquí. Agora, tranquilidade e esperar o sorteo. Quen veña, benvido será".