Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo inaugura o seu Museo&Tour

O Deportivo inaugura o seu Museo&Tour

O acto institucional estivo a cargo do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e o presidente do Real Club Deportivo, Juan Carlos Escotet.

Coa posta en marcha do museo, o Club dá comezo á celebración dos seus 120 anos de historia.

@RCDeportivo
G24.gal 24/02/2026 21:00

O Depor Museo&Tour integra a dimensión deportiva, histórica e cultural do Club coa súa masa social e coa cidade da Coruña nun percorrido formado por tres salas principais (1.445 metros cadrados) máis de 250 pezas expostas e un destacado compoñente interactivo e audiovisual. Situado no corazón do estadio ABANCA-RIAZOR, este novo espazo eríxese como o primeiro museo do deporte integrado na rede de Centros Museísticos de Galicia, do que forman parte actualmente 98 espazos en toda a comunidade. O museo, como o seu propio nome indica, compleméntase coa posibilidade de realizar un circuíto polos espazos que xogadores e xogadoras percorren cada fin de semana —desde os vestiarios e a sala de prensa ata a saída ao terreo de xogo—, unha experiencia única para calquera visitante e para todo o deportivismo.

O Presidente do Deportivo, Juan Carlos Escotet, destacou a importancia da inauguración:

¨Durante décadas a masa social anhelou este mueseo. Responde a una inspiración histórica e colectiva. Contar cun lugar que salvagarde a memoria , as xestas e o sentir común do club"

Pola súa parte o Presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda destacou a importancia da entrada do Museo&Tour no sistema de museos da Xunta de Galicia:

"Este museo é o primeiro de carácter deportivo que se incorpora ó selecto club que forma a Rede museística recoñecida, amparada e promocionada pola Xunta de Galicia"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade