Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loureiro: “Queda moitísimo, non nos estresamos pola clasificación”

Loureiro: “Queda moitísimo, non nos estresamos pola clasificación”

O defensa do Deportivo, intocable para Hidalgo, admite que é difícil levantarse tras caer no duelo directo ante o Castelló

Foto Deportivo
G24.gal 18/02/2026 13:49 Última actualización 18/02/2026 13:55

O Deportivo atravesa unha semana co mal sabor de boca que deixou a derrota do pasado domingo en Castelló (2-0). O duelo directo entre dous aspirantes ao ascenso puxo a cruz na escuadra deportivista, que terá que facer borrón e conta nova para volver á senda dos triunfos este sábado en Riazor fronte ao Eibar (16:15 horas).

Miguel Loureiro, un dos xogadores con xerarquía dentro e fóra do terreo de xogo, analizou o momento.

"Queda moitísimo. Non é tan importante estar aí dentro, se non estar preto e conseguir esa regularidade para non saír desas posicións en ningún momento".

"Hai que sacar os máximos puntos posibles, pero sen estresarnos pola clasificación".

O Dépor completou unha intensa sesión de adestramento baixo a borrasca Pedro, con vento e forte choiva durante os 90 minutos que durou o traballo sobre o céspede.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade