Cargando resultados...
O Baxi Ferrol busca o pleno de triunfos no seu grupo de Eurocup
As galegas pechan mañá a fase de grupos ante o MB Zaglebie Sosnowiec polaco
G24.gal
25/11/2025 12:44
Última actualización 25/11/2025 12:52
O Baxi Ferrol pecha mañá a fase de grupos ante o MB Zaglebie Sosnowiec polaco. As de Lino López buscan rematar esta primeira fase cun pleno de seis triunfos no grupo K da Eurocup. Coa clasificación no peto, o técnico galego busca algo máis ca vitoria.
"O importante é o noso traballo. Dáme igual o marcador, necesitamos medrar como equipo".
No partido de ida, o Baxi venceu en terras polacas por sete puntos de diferenza. O partido xógase mañá mércores 26 ás 20:15 horas, e será ofrecido pola G2.