Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino pode converterse en aliado do Celta para manterse na Liga Feminina

O Ensino pode converterse en aliado do Celta para manterse na Liga Feminina

Unha vitoria do equipo vigués diante do Valencia garantiría a permanencia

No caso de perder tería que agardar unha derrota do Araski contra o Cadí la Seu ou do IDK Euskotren na pista do Ensino

G24.gal 16/04/2025 20:56

Este sábado ás 19:00 horas decídese a loita polo descenso na Liga Feminina de baloncesto. Co Baxi Ferrol xa clasificado na pelexa polo título buscando mellorar a oitava posición que ocupa arestora, toda a atención estará posta en evitar os dous últimos postos. 

O Celta Femxa Zorka está dous postos por riba dese descenso pero coas mesmas vitorias (9) que o equipo que está na queima, o IDK Euskotren. No caso de gañar o seu partido o Celta permanecerá na primeira categoría pero teno case imposible na pista do Valencia, conxunto que loita por rematar no segundo posto da competición. No caso de perder dependería de terceiros resultados e aí entra en xogo o Durán Maquinaria Ensino. 

O Celta pode depender dunha derrota do Araski ou do IDK Euskotren. O Araski enfróntase ao Cadí la Seu, sen nada en xogo. Tampouco ten nada en xogo o rival do IKD, pero o Ensino podería facerlle un gran favor ao Celta. A vitoria do equipo lugués no partido salva ao Celta que apela ao favor entre galegos para buscar a vitoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar