Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ensino leva o derbi contra o Celta (68-55) e colócase con 11 vitorias

O Ensino leva o derbi contra o Celta (68-55) e colócase con 11 vitorias

Foto: @FredoCorleone_
G24.gal 24/02/2024 22:39

Houbo derbi na Liga Feminina entre o Durán Maquinaria Ensino e o Celta Zorka Recalvi. O encontro chegou igualado o descanso e as luguesas colleron 9 puntos de vantaxe no terceiro cuarto, pero un parcial de 0-6 de saída nos derradeiros dez minutos colocou as viguesas a só tres puntos. Apareceu aí Blanca Millán para anotar dúas canastras consecutivas e volver abrir oco. A santiaguesa rematou con 10 puntos. A máxima anotadora do Ensino foi Tate con 21. No Celta Benton meteu 12.

Co triunfo o Ensino chega ás 11 vitorias, as mesmas que ten o Baxi Ferrol que derrotou 81 -67 o Cadí la Seu no outro partido da xornada con representación galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos