Cargando resultados...
O Ensino ficha á aleira maliana Maimouna Haidara
Haidara é a cuarta fichaxe do Ensino para a tempada 2025-26 tras Imani Tate, Alessandra Orsili e Nhug Bosch
G24.gal
29/05/2025 15:18
Última actualización 29/05/2025 15:25
O Durán Maquinaria Ensino anunciou este xoves a incorporación da aleira maliana Maimouna Haidara, quen chega ao conxunto lucense tras xogar as últimas dúas tempadas no Celta, co que descendeu neste último curso.
Na súa estrea na máxima categoría co equipo celeste, a xogadora africana, de só 20 anos, promedió 11.2 puntos e 7.7 rebotes por encontro, para unha valoración media de 13.8 créditos.
Maimouna Haidara é a cuarta fichaxe do Ensino para a tempada 2025-26 tras Imani Tate, Alessandra Orsili e Nhug Bosch. Ademais, Jessica Fequiere renovou un ano máis o seu contrato co club lucense.