Publicador de contidos

Publicador de contidos

O elevado prezo da cesta da compra leva algúns consumidores a cambiar hábitos

O elevado prezo da cesta da compra leva algúns consumidores a cambiar hábitos

O elevado prezo das materias primas e os combustibles encarecen os alimentos

Sabela 08/11/2021 20:07

Cambiar os produtos que mercamos habitualmente por outros que mercamos menos, pero que son máis baratos. É unha opción que está resultando en parte complexa ultimamente porque practicamente todo o que vemos nas tendas de alimentación, está máis caro do que estaba. E os prezos seguen á alza.

As materias primas están máis caras, os combustibles tamén, os transportes, a enerxía. Todo iso repercute na cesta da compra. Tomates, ovos, peras, mazás, aceite de oliva, carne de ave. O arroz e a pasta tamén están máis caros.

As grandes marcas de alimentación recoñecen que ou subiron xa os prezos dalgúns dos seus produtos principais, ou que teñen pensado facelo de xeito inminente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade