Cargando resultados...
O Edificio Castromil de Santiago volve á vida remodelado 50 anos despois
Un proxecto da USC recrea como luciría a Praza de Galicia se tivese saído adiante unha proposta alternativa ao derrubamento
G24.gal
31/10/2025 20:49
Última actualización 31/10/2025 21:01
Se hai un edificio polo que choraron os santiagueses, ese é o Edificio Castromil. Emblema da cidade, foi derrubado hai 50 anos para dar paso a unha gran praza que albergaría debaixo o primeiro aparcadoiro subterráneo de Galicia.
Medio século despois, un proxecto da USC recrea como luciría a praza de Galicia se saíse adiante o proxecto alternativo que no seu día presentaron cinco arquitectos galegos que apostaban por unha estética innovadora.