Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dúo Borges interpreta pezas para piano e óboe no Liceo de Ourense

O Dúo Borges interpreta pezas para piano e óboe no Liceo de Ourense

A formación está integrada polo pianista da Coruña Guillermo Rodríguez e polo óboe Jesús Colmenarez, de Venezuela

G24.gal 04/01/2024 20:48

O Liceo de Ourense acolleu este xoves 4 de xaneiro un concerto de música clásica interpretada polo Borges Dúo, de piano e óboe.

A formación, que naceu durante a pandemia, está integrada polo pianista galego Guillermo Rodríguez e o óboe Jesús Colmenarez, de Venezuela. Os dous coñecéronse en Alemaña durante a súa formación musical e desde entón comezaron a súa andaina artística por toda Europa. O seu repertorio abrangue composicións pouco coñecidas de autores europeos desde o principios do século XX ata a actualidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade