Publicador de contidos

Publicador de contidos

O doutor Cota non seguirá na selección española

O doutor Cota non seguirá na selección española

Seguirá á fronte dos servizos médicos do Celta

Estivo presente nos triunfos do Mundial de 2010 e nas Eurocopas de 2008 e 2012

G24.gal 29/12/2022 08:57

Segundo avanza o diario deportivo Marca, o doutor estradense Juan José Cota non continuará na selección española de fútbol. Cota, moi querido por todos os xogadores que pasaron pola selección, pon fin a unha traxectoria de vinte anos. Estivo nos últimos catro mundiais, incluído o do triunfo en Sudáfrica, e nos éxitos de España na Eurocopa de 2008 e 2012. 

O doutor Cota seguirá á fronte dos servizos médicos do Celta, onde leva desde o ano 2008 cando substituiu a Mario Galán. Daquela xa estaba relacionado coa selección española, na que exercía de médico da sub-21. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar