Á espera de pasar a disposición xudicial o home detido por matar a súa nai en Barakaldo
Á espera de pasar a disposición xudicial o home detido por matar a súa nai en Barakaldo
A autopsia que realiza o Instituto vasco de Medicina Legal determinará as causas da morte
Non existían denuncias previas de violencia doméstica
Continúa en comisaría o detido por matar presuntamente a súa nai tras unha discusión no domicilio familiar, na localidade biscaíña de Baracaldo. A vítima tiña 84 anos e o fillo 60. A ertaintza mantén aberta a investigación á espera de coñecer os resultados da autopsia.
O detido, que xa cumpriu unha condena por violencia de xénero, permanece na comisaría á espera de pasar a disposición xudicial. O departamento de seguridade do Goberno vasco asegura que non existen denuncias previas por violencia doméstica pero os veciños comentan que o fillo maltrataba á nai.
"Os veciños din que era moi violento, queixábanse del, e din que maltrataba a nai pero chegar a isto que fixo".
O crime tivo lugar este venres ao redor das catro e media da tarde. Os veciños escoitaron berros e avisaron a Ertzaintza, que se desprazou ao lugar xunto a un equipo de sanitarios. No domicilio atoparon a muller, de 84 anos, xa falecida. Segundo os investigadores, todos os indicios apuntan a que morreu tras ser agredida polo seu fillo. A autopsia que se realiza no Instituto Vasco de Medicina Legal determinará as causas.