Publicador de contidos
Publicador de contidos

O detido polo crime de Salceda pasa este xoves a disposición xudicial no Porriño

O detido polo crime de Salceda pasa este xoves a disposición xudicial no Porriño

G24.gal 24/01/2024 15:18

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou que o home detido no Reino Unido pola morte dun mozo en Salceda de Caselas en 2019  pasará mañá a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 1 do Porriño.  Inicialmente, o implicado ía comparecer hoxe na Audiencia Nacional en Madrid para o seu inmediato ingreso en prisión, pero a sala cambiou de plans e enviarao a Galicia.

O detido, de  30 anos, é o principal sospeitoso da morte do mozo Soufin Mahra á saída dun pub de Salceda de Caselas, no ano 2019. De nacionalidade albanesa, conta con antecedentes por tráfico de drogas e crime organizado. O Xulgado de Instrución número 1 do Porriño logrou, tras a emisión dunha orde de detención internacional, que se procedese ao seu arresto o pasado 6 de xaneiro no Reino Unido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade