O deseño de xardíns como arte para atopar equilibrio no desorde
Visitamos un xardín xaponés galego e un campo de golf ideado por un experimentado xardiñeiro
O deseño de xardíns e o paisaxismo están a vivir certo avance nestes tempos en Galicia. Así nolo conta un experimentado xardiñeiro, que detecta que agora os clientes xa van pedindo proxectos máis estudados. Para el, o máis bonito, e o máis difícil, é deseñar un xardín caótico no que todo encaixe, que esconda unha orde dentro da desorde.
E, como outro exemplo de xardín moi pensado, atopamos un xardín xaponés. Contra o que pode parecer, as especies que ten son galegas. Iso si, a maneira de traballalas, a súa estética, é outra cousa. Cóntanos a muller que o levantou que todo nel está deseñado para invitar á meditación, a abrir un camiño na natureza cara ao coñecemento dun mesmo.