Publicador de contidos

Publicador de contidos

O descenso da incidencia minora en España

O descenso da incidencia minora en España

O indicador da incidencia a 7 días segue subindo desde o pasado xoves

Continúan baixando os ingresos en Galicia, nunha xornada de aumento dos casos activos

G24.gal 08/03/2022 18:59

O descenso da incidencia acumulada por coronavirus en España baixa só 8 puntos no último día, ata os 435 casos, tras sumar 23.149 novos contaxios, o que denota unha desaceleración no descenso da curva epidemiolóxica, mentres segue a alta notificación de mortes con outros 285 falecementos.

Os datos do Ministerio de Sanidade apuntan tamén que o indicador da incidencia a 7 días elévase novamente e faino en 6 puntos, ata os 205 casos, tras comezar a subir desde o xoves pasado, cando se atopaba nos 192.

Soben a 13.942 os decesos consignados desde mediados de outubro e a 100.859 desde o inicio da pandemia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade