Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan baixando os ingresos en Galicia nunha xornada de aumento dos casos activos

Continúan baixando os ingresos en Galicia nunha xornada de aumento dos casos activos

Hai  16.856 persoas con coronavirus en Galicia, 131 máis ca na xornada anterior

Tamén soben os contaxios diarios

O Sergas notificou o deceso de nove persoas por mor da covid

Jessica Fernández 08/03/2022 10:10

Os casos activos volven subir lixeiramente (+131) logo dunha xornada de descenso. En total, hai  16.856 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios tamén soben con respecto a onte e rexístranse  1.768 nas últimas 24 horas. É o maior incremento en dúas semanas.

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 3.385 (-2)

Vigo: 3.082 (+5)

Ourense: 2.381 (+124)

Santiago: 2.922 (-8)

Lugo: 2.021 (+19)

Pontevedra: 2.052 (-18)

Ferrol: 938 (+10)

En canto á ocupación hospitalaria, esta continúa baixando tanto nas UCI (-3) como en planta (-11). En total, hai 417 persoas ingresadas, 31 e 386 respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou o deceso de nove persoas por mor da covid, que alzan a cifra a 3.136 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade