Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Xuvenil chegou a Galicia tras facer historia na UEFA Youth League

O Deportivo Xuvenil chegou a Galicia tras facer historia na UEFA Youth League

Malia perder 3-0 co Maccabi, clasificouse e xogará os dezaseisavos o 8-9 de febreiro en Riazor a partido único

G24.gal 08/12/2021 18:00

Hai uns minutos que aterraban en Santiago, cansos pola viaxe, os xogadores do Deportivo xuvenil que lograron a clasificación para os dezaseisavos da Uefa Youth League

O Deportivo xuvenil sufriu, pero fixo bo o 5-1 da ida e, malia perder 3-0 co Maccabi, estará nos dezaseisavos de final da Uefa Youth League.

M. Pablo: "Custou máis do que pensabamos. Hai que estar orgullosos. Os rapaces están a facer historia".

A seguinte eliminatoria será a partido único en Riazor. O sorteo será o martes 14 de decembro en Nyon ás 14:00 horas. Os seus posibles rivais son: Bruxas (BEL), B. Dortmund (ALE), Inter (ITA), Dinamo (UCR) ou Chelsea (ING)

Maccabi Haifa: Selkind, Feingold, Leigh (Khalaili, min. 46), Key Laish, Eissat, Guri (Marelly, min. 76), Hermesh (Sheto, min. 76), Colley (Elmichly, min. 46), Otachi, Razon e Shedo (Zaga, min. 87).

RC Deportivo: Brais Suárez, Nacho Díaz, Barcia, Juan Rodríguez, Manu Rivas (Teijo, min. 63), Mario (Hugo Baldomar, min. 89), Nájera (Hugo Padín, min. 89), Rubén López, Trigo (Jairo, min. 63), Mella e Víctor Guerra (Diego Gómez, min. 69).

Goles: 1-0 Kay Laish (min.49); 2-0 (Elmichly, min. 60) ; 3-0 Razon (min. 81)

Árbitro: Loukas Sotiriou (Chipre). Amoestou a Eissat (min. 7), Mario (min. 40) e Feingold (min. 52)

Incidencias: partido de volta da segunda eliminatoria da Ruta dos Campións da UEFA Youth League disputado no Sammy Ofer Stadium de Haifa ante 500 espectadores.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade