Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo quere volver ao camiño das vitorias en Almería

O Deportivo quere volver ao camiño das vitorias en Almería

G24.gal 17/01/2026 13:29

O Deportivo busca poñer o punto e final a unha xeira que, cada xornada que pasa, espalla dúbidas e afastao un pouquiño máis do obxectivo do ascenso. Leva cinco xornadas sen gañar. E está a catro puntos do ascenso directo. O seu técnico, Antonio Hidalgo, lembraba onte que é "urxe sumar de tres en Almería", ou o que é o mesmo, que hai que gañar. "Hai que seguir sólidos, compactos, ese é o camiño", insitía o adestrador.

Ás nove da noite, Almería - Deportivo, cos galegos colgando cartel de mellor visitante, co local Arribas como ameaza (11 goles leva, máximo goleador da categoría) e coa lembranza do empate da primeira volta en Riazor (1-1). 

Dirán en Almería que tampouco andan eles finos; so gañaron un dos últimos catro encontros. Pero, aínda así, marchan de terceiros a dous puntos do ascenso directo. E neste mercado invernal reforzáronse arriba, con Morci e con Miguel de la Fuente. Os andaluces apostan forte polo ascenso. Xa o fixeron a campaña pasada, cando caeron no playoff, e volven facelo nesta. 

Hidlgo recupera para este choque a Miguel Loureiro e nos locais caen por lesión Chumi, Dion Lopy e Bonini. O partido arranca ás nove, con arbitraxe do asturiano González Díaz. Un duelo entre rivais directos, con sabor a ascenso, en palabras de Rubí, o técnico local, "unha final" que "non vai ser definitiva".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade