Cargando resultados...
O Deportivo quere dedicarlle a Arsenio a vitoria sobre o líder (17 h, G2)
G24.gal
06/05/2023 15:20
O Deportivo recibe o Alcorcón a partir das cinco da tarde, nun partido que poderán ver en directo na G2 e en G24. O equipo coruñés ten a necesidade de gañar para seguir optando ao ascenso directo, unha obriga, tal e como indicou Óscar Cano antes do encontro.
Ademais, o técnico lembrou a importancia da vitoria, tamén para poder dedicarlla ao recentemente falecido Arsenio Iglesias.