O Deportivo reclamará aliñación indebida logo do empate en Lezama
Quiles marcou o 14º gol da súa conta pero Djaló empatou no 75'
O Athlétic B xogou con Artola e Diarra, sancionados para a xornada en que se enfrontaban ao Estremadura

Empate do Deportivo diante do Athlétic B (1-1) que aperta a pelexa polo play off e polo segundo posto da táboa clasificatoria.
Haberá polémica pola aliñación de dous xogadores do Athlétic B, Artola e Diarra, que estaban sancionados para a semana pasada cando o filial do Athlétic tiña que xogar contra o Estremadura. No club bilbaíno entenderon que cumpriran a sanción nese encontro e o Deportivo xa anunciou que reclamará aliñación indebida.
Foi un encontro moi disputado, con ocasións para que os dous equipos anotasen goles. No primeiro tempo as mellores ocasións foron para o cadro deportivista, cos lanzamentos de Mario Soriano e De Camargo.
No segundo tempo marou Alberto Quiles (minuto 58) o 14º gol da súa conta particular. Parecía encamiñado o triunfo pero no 75 empatou Djaló. Nos últimos minutos Álex Bergantiños e Doncel tiveron ocasións moi claras pero o partido acabou con empate.