O Deportivo e o Celta Fortuna queren consolidarse nos postos de privilexio
Lucas Pérez continúa lesionado e non xogará
Joel López: "Temos a ilusión de seguir gañando partidos. Somos un vestiario ambicioso"
Abre a xornada o sábado o Celta Fortuna. Partido de filiais. Os vigueses, doídos pola derrota de última hora en Tarazona, queren facerlle pagar os pratos rotos ao Osasuna Promesas. Os de Fredi manteñen posto de promoción, pero a Cultural, desde a sexta praza, axexa a tres puntos.
Joel López: "Temos a ilusión de seguir gañando partidos. Somos un vestiario ambicioso e creo que van ir ben as cousas".
E o domingo, quenda para o líder. Tras dúas vitorias seguidas fóra, pasa por Riazor o Unionistas. Outra vez sen Lucas Pérez. Con cinco partidos de oito por disputar na casa, o Deportivo pretende apuntalar o ascenso diante da súa parroquia.
Idiákez: "Non teño unha bola, non estarían aquí se a tivese. Tocaríame a lotaría 5-6 veces e estaría en Miami".
"Estamos preparados para xogarnos algo na última xornada. Mellor en Riazor, somos 12".
A súa pechada loita na segunda volta co filial do Barcelona polo único posto de ascenso directo fai prever un treito final non apto para doentes cardíacos.