O Deportivo comeza a segunda fase da pretemporada cunha xira por Inglaterra
Xa hai máis de 25.000 afeccionados que renovaron o seu abono
O Deportivo pon rumbo a Inglaterra para xogar dous amigables. Este mércores ante o Watford e o sábado ante o Middlesbrough. Dous partidos nos que Antonio Hildago quere calibrar en que estado se atopa o equipo a menos de 3 semanas para que comece a liga e nos que aproveitará para comprobar o estado daqueles xogadores sobre os que hai algunha dúbida do seu futuro no primeiro equipo do cadro coruñés.
E queden con esta cifra. Un total de 25.214 persoas renovaron o seu abono do Deportivo, nesta fase de captación de socios. Ábrese agora un prazo para os que queiran cambiar de asento e, posteriormente, será a quenda de novos abonados. Unha das bancadas, a do fondo de Marathón inferior, xa está esgotada.