Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo afaise aos triunfos no minuto 90

O Deportivo afaise aos triunfos no minuto 90

Quiles anotou no último intre o gol da vitoria no campo do Zamora (0-1)

Quinto triunfo consecutivo para os coruñeses, tres deles decididos con goles no noventa

G24.gal 26/01/2022 21:57

Un gol de Quiles no minuto 90 permite que o Deportivo manteña un ritmo infernal á fronte da Primeira Federación (0–1). No partido, mereceu mellor sorte na primeira metade pero pasouno mal no segundo tempo. 

O dominio do Deportivo foi total nos primeiros 45 minutos. William de Camargo tivo un gran disparo no minuto 20 e o central Jaime dispuxo doutra boa no 22. No 35 chegou a mellor oportunidade cun lanzamento de Quiles que foi ao pau. 

A segunda parte deixounos outro plan de partido do equipo local, máis ambicioso e apertando máis arriba. O Dépor non chegou con tanta claridade á porta contraria e pasouno mal en certos momentos, aínda que sen achegamentos demasiado claros. 

No último minuto Quiles conseguiu o gol do triunfo, un tanto que deixou un incidente na bancada, con máis de 20 seguidores que caeron a un foxo logo de romper un balado. Afortunadamente non houbo consecuencias graves. 

 

É a quinta vitoria consecutiva do equipo de Borja Jiménez. Tres delas (contra a Leonesa, o Internacional e este do Zamora) colleitadas no minuto noventa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos