O Deportivo Abanca remonta en Zubieta (1-2) e foxe do descenso
Olalla e Millene obraron a remonta na segunda metade
As de Fran Alonso suman 4 xornadas sen perder, e foxen a 6 do descenso
O Deportivo Abanca asaltou Zubieta e suma 10 dos últimos 12 puntos en xogo. Para superar a Real Sociedade, equipo que ocupaba o terceiro posto, tivo que remontar o tanto de Elene Guridi no minuto 26. Sufriron no primeiro tempo, Amaiur Sarriegui estrelou un balón no traveseiro pouco despois.
Pero todo cambiou tras o descanso, sobre todo cando as donostiarras quedaron con dez pola expulsión da porteira Elene Lete no 47 por esta falta sobre Ainoa Marín.
Dous minutos despois, no lanzamento desa falta golazo de Olaya. Gran lanzamento que entra pegado ao traveseiro. Era o minuto 49. E no 51, Milene acadou o segundo logo da xogada de Ainoa Marín.
A Real Sociedade tivo ocasións, coma unha de Amaiur... ou outra de Apari, mais as coruñesas conseguiron manter o resultado e suman a cuarta xornada consecutiva sen perder. Son xa 19 puntos, seis de vantaxe sobre os postos de descenso.