Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca regresa a Primeira División tres anos despois

O Deportivo Abanca regresa a Primeira División tres anos despois

Gañoulle ao Cacereño e, cunha xornada de marxe, certificou o ascenso de categoría

Máis de 14.000 espectadores acudiron a Riazor

G24.gal 21/04/2024 14:15

O Deportivo Abanca regresou á Primeira División do fútbol feminino na penúltima xornada. Gañoulle por 3-1 ao Cacereño e garantiu un posto que tería logrado sen a vitoria porque o seu gran rival, o Español, non fora quen de acadar o triunfo no campo do Barcelona B. 

Nas últimas xornadas o equipo de Irene Ferreras amosara certa ansiedade para acadar o ascenso e fóranse puntos que xa parecían seguros. Contra o Cacereño non quixo dar marxe á rival. Axudou moito o gol de Ainhoa Marín no último minuto do primeiro tempo. 

Na segunda parte apareceu a goleadora Millene Cabral para anotar outros dous goles que provocaron o delirio das máis de 14.000 persoas que se achegaron a Riazor. O Cacereño recurtou diferenzas no treito final pero a festa xa era completa dentro do cadro deportivista.

Foron tres proxectos consecutivos á procura dun ascenso que acabou chegando non sen padecemento. O Deportivo Abanca realizou unha temporada moi regular e non quixo deixar os deberes para o play off, como no ano anterior. 

A exdeportivista e internacional Tere Abelleira non quixo perder o partido A exdeportivista e internacional Tere Abelleira non quixo perder o partido
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade