Cargando resultados...
O Deportivo Abanca quere vivir este domingo outra xornada histórica
Podería lograr o ascenso á máxima categoría
Foto @RCDeportivo
G24.gal
11/05/2023 16:17
Última actualización 11/05/2023 16:21
O Deportivo Abanca pode vivir este domingo outra xornada histórica. Coma aquela de hai catro anos na que acadou o ascenso á máxima categoría. Claro que esta vez hai que botar man da calculadora. Chega á última xornada empatado co Éibar e Osasuna. Un desenlace digno da mellor película de intriga.
Eva Dios: "Pode pasar de todo. Hai que mirar polo noso partido e despois ver se hai sorte".
O Deportivo visita o Dux Logroño, que xa non xoga nada. As de Irene Ferreras ascenderían se gañan e o Éibar non o fai en Granada. A ilusión está en máximos.