Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca queda ás portas do ascenso á Primeira RFEF

O Deportivo Abanca queda ás portas do ascenso á Primeira RFEF

Logo de boas ocasións, Ainhoa Marín marcou o 1-0 no 88'

As coruñesas precisaban outro gol para mandar a final á prórroga

O Granada aguantou e, logo do 2-0 da ida, ascende á máxima categoría

G24.gal 10/06/2023 14:14

Galicia seguirá un ano máis sen representación na Primeira División do fútbol feminino. O Deportivo Abanca quedou a un gol do ascenso.

na volta da final, en Abegondo, o equipo coruñés tiña que igualar un 2 a 0 fronte ao Granada para volver á máxima categoría. Tivo oportunidades claras no primeiro tempo, especialmente nas botas de Paula GutiérrezLaura Fernández e Cris Martínez. Pero entre a boa actuación de Sandra e o pau mantiveron a igualada inicial.

O Granada tamén tivo ocasións por medio de Naima, que estrelou un balón no traveseiro. Pero o gol resistiuse ata o minuto 88. Ainhoa Marín fixo o único tanto deportivista cun disparo cruzado.

Malia o acoso á desesperada dos últimos minutos, o segundo gol non chegou e o Granada puido festexar o seu ascenso á máxima categoría. O Deportivo de Irene Ferreras xogará un ano máis na segunda categoría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos