Cargando resultados...
O Deportivo Abanca gaña nos penaltis o Teresa Herrera feminino
Reaccionou na segunda metade e igualou o 0-2 que tiña o Famalicao portugués
G24.gal
13/08/2022 20:25
O Deportivo Abanca gañou o Teresa Herrera feminino na quenda de penaltis diante do Famalicao portugués. Tivo qu remontar o equipo de Irene Ferreras porque aos 21 minutos perdía por 0-2. Inés Maia e Carol anotaran para as visitantes.
A remonta chegou na segunda metade. Paula Gutiérrez rematou de cabeza no 60 a centro de Milene. E Inés Altamira remataba á rede un saque de córner no 73.
O trofeo decidiuse na quenda de penaltis na que o Deportivo Abanca se impuxo por 5-3 co gol definitivo marcado por Ainhoa Marín.