O Deportivo Abanca cede un empate co Valencia no treito final
As coruñesas adiantáronse por medio de Ainhoa Marín, pero Emma empatou no 85 para o cabeiro
Non puido ser o terceiro triunfo consecutivo, pero seguen sumando
O Deportivo Abanca non puido lograr a súa terceira vitoria consecutiva. Faltoulle pouco ao equipo de Fran Alonso, que ante o Valencia, pechacancelas da liga, foi por diante no marcador durante moitos minutos. Porque o conxunto coruñés adiantouse antes de cumprirse o primeiro cuarto de hora. E foi grazas a un golazo espectacular de Ainhoa Marín desde trinta metros. Ela mesma recuperou o balón no medio do campo e non o pensou.
Poñíanse as cousas moi ben para as galegas ante un rival que xogaba a vida en Riazor. E notouse no desenvolvemento do encontro. As visitantes deron un paso adíante, especialmente na segunda metade e crearon perigo en varias ocasións ante a portería de Inés Pereyra, como nun centro-xute de Aída Esteve ao traveseiro.
Na recta final do choque o Deportivo tivo unha grande oportunidade para sentenciar. Pero a gardameta Antonia Canales sacou milagrosamente un remate de Ainhoa. A súa intervención foi chave, porque pouco despóis, no minuto 85, Emma Martín lograba a igualada. E foi con outro golazo. Gran disparo que superou a Inés Pereyra. O un a un foi definitivo.
O empate apenas lle serve ao Valencia, que segue afundido na táboa a oito puntos da salvación.