Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol defende na Malata unha vantaxe de 15 puntos ante o Beroe Stara

O Baxi Ferrol defende na Malata unha vantaxe de 15 puntos ante o Beroe Stara

O encontro comeza ás 20:15 e poderá seguirse en directo pola G2 e tamén en AGalega.gal

Foto Baxi Ferrol
G24.gal 01/10/2026 12:26 Última actualización 01/10/2026 12:33

O adestrador do Baxi Ferrol, Lino López, afirmou ante o duelo de hoxe ante o Beroe Stara Zagora, clasificatorio para a fase de grupos da Eurocopa de baloncesto feminino, que a afección do equipo universitario "é o valor máis grande" que teñen e que o seu equipo "cre" no que están a facer.

O técnico sinalou nunha rolda de prensa que o encontro de ida, disputado a pasada semana en Bulgaria, foi o "primeiro partido" real do curso ao considerar que os da pretemporada son equiparables a "adestramentos".

López recalcou que o Baxi Ferrol obtivo en Bulgaria "unha boa renda" (15 puntos), pero indicou que o Beroe Stara Zagora dispón de "moita capacidade de anotación", fronte á cal, ao seu xuízo, expúxose "un desgaste moi bo, pero agora queda a segunda parte; as súas mellores xogadoras non tiveron un grande acerto, algo que non é habitual".

O encontro comeza ás 20:15 e poderá seguirse en directo pola G2 e tamén en AGalega.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade