Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca cae duramente goleado en Barcelona (8-0)

O Deportivo Abanca cae duramente goleado en Barcelona (8-0)

Os oito goles do Barcelona chegaron na primeira metade

Malia á derrota, e a levar sete xornadas sen gañar, o equipo de Fran Alonso segue fóra do descenso

Foto: EFE
G24.gal 09/11/2025 14:03

A visita ao Estadi Johan Cruyff non era a máis idónea para endereitar a marcha do Deportivo Abanca, que non gaña desde o mes de setembro. Parecía cantado que as deportivistas ían pagar os pratos rotos da derrota do Barça da semana pasada. E así foi. Oito a cero gañou o equipo catalán.

O curioso é que ese era xa o resultado no descanso. Desde o inicio, as xogadoras do Barça foron a por todas. Os goles foron caendo con suma facilidade nun primeiro tempo de pesadelo para as de Fran Alonso. O primeiro, no minuto 16, foi obra de Vicky. E despois foron caendo o de Alexia, o de Mapi, os dous de Aleixandri, e o de Claudia Pina. Vera anotou un autogol no treito final, e Graham pechou a conta dunha primeira parte para esquecer.

O conxunto brancoazul, totalmente superado, intentou mellorar a súa imaxe no segundo tempo e conseguíuno. O Barça baixou o ritmo e non houbo máis goles. O Deportivo Abanca segue con sete puntos e fóra dos postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar