Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cupón da Once deixa un soldo de 2.000 euros ao mes durante 10 anos en Narón

O cupón da Once deixa un soldo de 2.000 euros ao mes durante 10 anos en Narón

Outros 37 cupóns quedaron premiados con 400 euros

Marta González Salve 28/06/2022 14:27

Esta mañá Rubén recibía no seu posto de O Val a visita dalgún dos afortunados, non co Soldazo, pero si cos 400 euros que deixou pola comarca o cupón do domingo.

En total Rubén repartiu  256.600 euros. A maior parte deles, 240.000, son para o posuidor da serie 29 do número 86934, do que polo momento nada se sabe.

Non é a primeira vez que este vendedor reparte a sorte nesta zona de Narón. Hai tan só 7 meses vendeu 10 cupóns premiados con 20.000 euros cada un.

Agarda que esta non sexa a última vez que reparte a sorte na comarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade