O cupón da ONCE deixa 640.000 euros en Carballo
Cinco boletos premiados no sorteo do martes, un deles de 500.000 euros e catro de 35.000
O cupón da ONCE volve deixar un petisco en Carballo. Os ou as agraciadas poden ser calquera dos que esta mañá estaban a mercar ou pasear na localidade como calquera outro día, pero coa gran diferenza de que hoxe un chisco máis contentos, seguro.
E non é para menos, pois un dos cupóns vendidos onte por Juan Antonio está premiado con medio millón de euros. E os outros catro con 35.000.
"Cando me avisaron, ao principio pensei que era unha broma, pero despois comprobeino e para min foi moita alegría", confesaba Juan Antonio Lamas, o vendedor da ONCE que entregou os boletos premiados.
E como adoita pasar, a xente animábase esta mañá a mercar os cupóns a Jose Antonio, que todos os días se sitúa na rúa Coruña da capital da Comarca do Bergantiños.
"A xente vaino sabendo pouco a pouco, e si que veu algún cliente preguntando se eu vendín o cupón, pois daquela véndeme a min, dicían", explica sorrindo.
Polo de agora non se sabe quen poden ser os afortunados, pero si podemos imaxinar que estas festas do Nadal serán máis especiais para eles.