Publicador de contidos

Publicador de contidos

O croata Dominik Mavra renova co Río Breogán

O croata Dominik Mavra renova co Río Breogán

Nos 22 partidos disputados ata o de agora co equipo, ten unhas medias de 8,8 puntos (56,4% en tiros de 2, 33,3% T3 e 70,5% en tiros libres), 3,6 asistencias e 2,6 rebotes

Foto Breogán Foto Breogán
G24.gal 08/05/2025 12:22 Última actualización 08/05/2025 12:27

O base croata vestirá a celeste na próxima campaña doRío Breogán. Dominik Mavra (15 de xuño de 1994 Zadar, Croacia) chegou ao Río Breogán a finais de novembro de 2024 e desde o seu debut co equipo celeste converteuse nunha peza importante nos esquemas de Luis Casimiro.

Cun bo físico (1,93) e demostrando desde a súa chegada as súas excelentes cualidades de base director, demostrou tamén capacidade para achegar en anotación e rebote

Nos 22 partidos disputados ata o de agora co equipo, ten unhas medias de 8,8 puntos (56,4% en tiros de 2, 33,3% T3 e 70,5% en tiros libres), 3,6 asistencias e 2,6 rebotes en 20 minutos de media na pista por partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade