Publicador de contidos
Publicador de contidos

O coruñés Jacobo Diz gaña o Premio Promesas da Alta Cociña Le Cordon Bleu Madrid

O coruñés Jacobo Diz gaña o Premio Promesas da Alta Cociña Le Cordon Bleu Madrid

G24.gal 17/04/2024 21:50 Última actualización 17/04/2024 22:04

Jacobo Diz converteuse na gran promesa da alta cociña. Este coruñés de Cambre de 21 anos conquistou o Premio Promesas da Alta Cociña de Le Cordon Bleu Madrid. "Foi unha experiencia brutal e aínda o estou a asimilar", di.

Pichón, arroz e guarnición vexetal. Partindo destes ingredientes comúns para todos os finalistas, coa súa elaboración sorprendeu un xurado presidido polo chef catalán tres estrelas Michelin Eduard Xatruch.

"Gústame moita a cociña tradicional, pero incorporando unha voltiña, un punto de creatividade e minimalismo que me gusta nos empratados e, ao final, foi o que fixen", engade.

Recibirá unha bolsa valorada en máis de 26.000 euros para formarse durante 9 meses na recoñecida Escola de Le Cordon Bleu de Madrid.

No certame tamén foi premiado o centro onde estuda Jacobo, a Escola de Hostalería Paseo das Pontes da Coruña polo seu apoio e compromiso co seu alumnado. Un traballo que se viu recoñecido no campionato SpainSkills 2024.

Melisa e María tamén son alumnas do centro. Melisa gañou a categoría de prata en Restauración e Bar na SpainSkills, as olimpíadas de FP celebradas en Madrid. Logo dos nervios e as emocións vividas segue sorprendida e recoñece que "non esperaba chegar ata aí e estou moi agradecida".

Na modalidade de Panadería e Pastelería, o ouro foi para María que representará a España nos próximos campionatos europeo e mundial.

"Ao final é unha responsabilidade porque non só vas representar a un país e que tamén representas a todos os participantes que competiron contra min tanto na modalidade autonómica como na nacional", apunta Jacobo.

Jacobo e María iniciará agora as súas prácticas na cociña do chef galego dúas estrelas Michelin Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau. Talento non lles falta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos