Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Corredor Atlántico, unha cuestión de país, por Venancio Salcines

OPINIÓN

O Corredor Atlántico, unha cuestión de país, por Venancio Salcines

G24.gal 01/12/2022 08:02

Falamos do Mediterráneo e do Atlántico coma se fosen costas, pero a realidade é que son mais ca costas, son realidades económicas. O Levante é o corredor que une dous continentes, o que conecta España con Francia e por tanto con Europa pero, tamén o que vincula Europa con África. É certo que o corredor ferroviario do Mediterráneo é estratéxico pero non é menos certo que España é moito máis ca as provincias do Levante. Por iso, é necesario vertebrar o noroeste peninsular, é dicir, afondar no corredor atlántico ferroviario, ou isto ou asumir que estamos discriminando negativamente as comunidades de Galicia, Asturias e León, oito provincias españolas, o dez por cento da riqueza nacional.

O goberno di ter unha folla de ruta, pero o certo é que aquí a única folla que temos que seguir é a que mostraron as autonomías do Mediterráneo, impresa baixo a luz da unidade e escrita co pulo do consenso. Eles converteron a súa posición nunha demanda política, construíron un campo de lealdade co seu tecido social e obtiveron os seus triunfos.

Se alguén pensa que o corredor atlántico chegará sen presión social é que vive noutra realidade. As decisións políticas en España viven nunha eterna xeometría variable; o que hoxe é de ben, mañá é unha parvada. Por iso, aproveitando o encontro do Eo, onde o presidente Rueda e o Presidente Barbón coincidiron na necesidade estratéxica do corredor, debemos darlle unha lectura de “Acordo ou alianza de país”, incorporar ao mesmo o resto das forzas políticas, as forzas sociais, crear comisións interautonómicas de traballo e evitar que a realidade do día a día arrecante esta necesidade nos caixóns do esquecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade