Publicador de contidos

Publicador de contidos

Exolum proxecta unha nova terminal en Langosteira cun investimento de 100 millóns

Exolum proxecta unha nova terminal en Langosteira cun investimento de 100 millóns

A empresa anunciou en xullo a súa intención de pedir ao Porto coruñés ocupar 120.000 metros cadrados na dársena exterior, o que converterá o proxecto na maior concesión dos peiraos ata a data

O presidente da Xunta asegurou que este é “un proxecto fundamental e estratéxico para Galicia” porque Exolum é “a primeira empresa española en distribución de combustibles, con presenza noutros países”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, durante a presentación do proxecto industrial da empresa Exolum, celebrada este xoves na Coruña con presenza do presidente da Autoridade Portuaria
G24.gal 30/10/2025 13:05

Exolum, multinacional española dedicada ao transporte e almacenamento de combustibles, poñerá en funcionamento unha nova terminal en punta Langosteira entre 2029 e 2030 cun investimento de 100 millóns de euros. Así o explicaron este xoves o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o CEO de Exolum, Javier Goñi, e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado.

A empresa anunciou en xullo a súa intención de pedir ao Porto coruñés ocupar 120.000 metros cadrados na dársena exterior, o que converterá o proxecto na maior concesión dos peiraos ata a data.

Esta terminal servirá para almacenar, mesturar e expedir líquidos no porto exterior de punta Lagosteira e que albergará desde hidrocarburos tradicionais a produtos ligados a enerxías verdes.

Goñi sinalou que este é un “proxecto enormemente ilusionante” que busca ser un “facilitador de transición enerxética”, á vez que lembrou que o investimento é de 100 millóns de euros para unha terminal que terá unha capacidade de 165.000 metros cúbicos. “Tamén queremos que permita ser un elemento tractor para Galicia”, indicou, e detallou que as obras xerarán “centenares de postos de traballo” mentres que a terminal terá “30 postos permanentes”.

Trátase, na súa opinión, dunha “instalación punteirísima de primeiro nivel” que permitirá a Galicia ter a “infraestrutura” para desenvolver novos mercados.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que este é “un proxecto fundamental e estratéxico para Galicia” porque Exolum é “a primeira empresa española en distribución de combustibles, con presenza noutros países”. É tamén, dixo, unha forma de “consolidar a aposta por un porto exterior que demandan empresas que necesitan esas instalacións e accesibilidade”. Está terminal “supón abrir a todas as empresas galegas e de fóra un mercado que en Europa está a consolidarse e que en España está a aterrar”.

Rueda tamén apuntou que a Xunta será “esixente co cumprimento da normativa”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade