Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Consultivo rexeita indemnizar os propietarios do edificio Fenosa

O Consultivo rexeita indemnizar os propietarios do edificio Fenosa

Algúns dos propietarios solicitaron ser compensados con ata 120.000 euros

O que si recoñece é nalgún caso, non en todos, o seu dereito a seren resarcidos polos danos morais sufridos

G24.gal 04/11/2021 09:21

Na Coruña, o edificio Fenosa volve ser actualidade ao coñecerse que o Consultivo rexeita ter que indemnizar algúns propietarios dos pisos, que solicitaban compensacións por non poder dispoñer libremente deles.

Algúns destes propietarios solicitaron ser compensados con ata 120.000 euros polo tempo en que segundo eles non puideron dispoñer libremente das súas propiedades para vendelas ou ben para usalas como aval, xa que nese momento sobre elas pesaba unha orde de derruba ao anularse a licenza de rehabilitación.

O Consello Consultivo acaba de pronunciarse e os seus ditames son vinculantes e rexeita estas compensacións alegando que en ningún caso chegaron a presentarse probas de vendas frustradas.

O que si recoñece é nalgún caso, non en todos, o seu dereito a ser resarcidos polos danos morais sufridos, e para eles fixa unha contía de 9.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade