Publicador de contidos

Publicador de contidos

García Comesaña demanda que o Goberno corrixa o déficit de médicos nos cárceres

García Comesaña demanda que o Goberno corrixa o déficit de médicos nos cárceres

O conselleiro de Sanidade cifrou o número de vacantes sen cubrir nos centros penitenciarios nun 60 %

Dirixiuse por carta ao delegado do Goberno para pedir que o Ministerio do Interior cumpra coas súas competencias e preste asistencia á poboación reclusa sen sobresaturar os facultativos dos centros de saúde

G24.gal 22/03/2023 15:07

O conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña, reuniuse este mércores co persoal do centro de saúde de Teixeiro. Explicaron nese encontro que neste momento hai só dous médicos na prisión para atender 1.200 reclusos, cando debería haber nove facultativos. Iso fai que chamen os médicos do centro de saúde habitualmente para ir a prisión.

A decisión que lles trasladou o titular de Sanidade é que apliquen o mesmo criterio que para a poboación xeral. De non ser intervencións urxentes, ten que ser a propia prisión a que traslade os reclusos e con medios propios.

"Non imos deixar a ninguén sen atender cando se trate dunha emerxencia"

"Imos aplicar os mesmos criterios que aplicamos á poboación xeral", expuxo o Consellero de Sanidade.

"Non imos deixar a ninguén sen atender cando se trate dunha emerxencia pero o que non pode pretender o Goberno ou a Delegación do Goberno é que para calquera atención no cárcere calquera médico do centro de saúde teñen que deixar as súas funcións, cousa que non fan con outros pacientes", dixo Xulio García Comesaña.

Piden que Interior repoña o persoal sanitario dos cárceres ou facilite os medios para trasladar os presos de xeito adecuado.

"O que tampouco podemos aceptar é que cheguen aquí os reclusos sen ningún tipo de custodia ou alteren o normal funcionamento dos centros de saúde. É importante que o Ministerio de Sanidade cumpra coa función que ten e dea os pasos para que haxa mais médicos de familia", engadiu o conselleiro.

"A ver se agora que o pide o Ministerio do Interior o Ministerio de Sanidade se da conta de que hai un problema de verdade de falta de médicos e actúa", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade