O Congreso recupera o debate do traspaso a Galicia da AP-9, sen consenso entre partidos
O Parlamento de Galicia esixiu en tres ocasiones por unanimidade o traspaso
A Comisión de Transporte decidiu que os membros do relatorio se reúnan este mes, o que servirá para que os partidos se posicionen sobre a transferencia da autoestrada. O Parlamento de Galicia esixiu en tres ocasións por unanimidade o traspaso, pero as emendas posteriores amosan a diferenza de criterios.
O PSOE pide que siga en mans da Administración central por ser a que sostén a rebaixa das peaxes.
"Partimos da base daquel acordo de todas as forzas galegas no Parlamento, pero asociado aos novos elementos: a consecución de bonificacións para todos os usuarios da AP-9. Nas emendas entendiamos que podía haber problemas con Audasa para xestionar esa situación", asegura Guillermo Meijón.
O PP acúsao de "descafeinar" a petición. "Insistimos na necesidade de que se produza unha transferencia a Galicia da titularidade e das competencias da AP-9, é irrenunciable. Desexamos ademais que veña cos recursos económicos necesarios", explica Celso Delgado.
Mentres que o BNG urxe a un consenso para tramitar o traspaso canto antes. Néstor Rego di: "Reclamámoslles a PSOE e PP que retiren as súas emendas para respectar o que foi acordado por unanimidade no Parlamento de Galicia".