Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso prorroga ata o 7 de marzo o prazo para desatascar a lei da amnistía

O Congreso prorroga ata o 7 de marzo o prazo para desatascar a lei da amnistía

Segundo a voceira do Goberno, Pilar Alegría, "ninguén, especialmente en Cataluña, entendería que esa lei non se aprobase"
 

G24.gal 20/02/2024 14:43

A Mesa do Congreso decidiu este martes ampliar o prazo para que a Comisión de Xustiza aprobe un novo ditame sobre a lei de amnistía e desatasque así a súa tramitación.

O PSOE gaña así tempo para seguir negociando con Junts a lei de amnistía. A Comisión de Xustiza ten agora quince días máis, ata o 7 de marzo, para emitir un novo ditame.

Para Pilar Alegría, voceira do Goberno, "sería desexable que esa lei se aprobase o antes posible porque creo que ninguén, especialmente en Cataluña, entendería que esa lei non se aprobase".

Pero Junts non semella ter tanta présa. A súa deputada no Congreso, Pilar Calvo, aseguraba, a preguntas dos xornalistas que hoxe non toca falar da lei de amnistía. Si falaron outros portavoces da cámara. Néstor Rego, do BNG, pediulle "ás forzas políticas que están negociando que se poñan de acordo".

Tamén Sumar insta os de Puigdemont a pechar un acordo. Segundo a súa deputada Aina Vidal, "darlle tempo a xuíces como García-Castellón estase vendo que non é a mellor das estratexias".

A investigación que leva a cabo o xuíz Manuel García-Castellón sufriu este martes un revés. Suíza rexeita darlle información sobre o paradoiro e as contas bancarias da líder de ERC Marta Rovira. A xustiza helvética pregúntase se hai un carácter político na investigación por suposto terrorismo.

Dende o PSOE, o seu voceiro no Congreso Patxi López amosou o seu "convencemento profundo de que non houbo terrorismo en nada do que tivo que ver procès, porque, desgraciadamente, en España sabemos moi ben o significado real do terrorismo".

A xustiza suíza tamén lle pregunta ao maxistrado do caso Tsunami Democràtic como pode afectar a futura lei de amnistía os investigados nesta causa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade