O condutor investigado polo accidente de Salceda de Caselas en que morreu unha muller e os seus fillos quintuplicaba a taxa de alcol

O home, de 32 anos, que tamén quedou ferido grave no sinistro, circulaba a 128 km/h nun tramo de 90 e en sentido contrario
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2021/20211119/ACCIDENTESALCEDA.png)
O condutor investigado polo accidente ocorrido en Salceda de Caselas en que o pasado 19 de marzo faleceron unha nai e os seus dous fillos de 13 e 6 anos quintuplicaba a taxa de alcol.
O home, de 32 anos, que tamén quedou ferido grave no sinistro, circulaba a 128 km/h nun tramo de 90 e en sentido contrario, segundo o informe da Garda Civil tras a reconstrución do accidente.
Na proba de alcoholemia practicada deu cinco veces a taxa constitutiva de delito, polo que, ademais de homicidio por imprudencia grave, enfróntase a un delito contra a seguridade viaria.