Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Vilaboa pide a Transportes que corrixa os "graves riscos para a seguridade" da A-57

O Concello de Vilaboa pide a Transportes que corrixa os "graves riscos para a seguridade" da A-57

Entre os problemas identificados destacan deficiencias na sinalización horizontal e vertical, carencias estruturais en barreiras de seguridade, inadecuada execución do pavimento, falta de continuidade en elementos de protección ou inseguras condicións no acceso ás zonas comerciais, recolle o Concello

G24.gal 29/09/2025 13:15

O Concello de Vilaboa formalizou unha nova solicitude ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible esixindo a "corrección inmediata" das "graves deficiencias" detectadas na construción do tramo da autovía A-57 Vilaboa-A Ermida que atravesa parcialmente o municipio pontevedrés.

O escrito -enviado á Demarcación de Estradas en Galicia, á Subdelegación do Goberno e á Dirección Xeral de Estradas- denuncia o "abandono institucional" tras "anos de comunicación sen resposta" a pesar dos "graves riscos para a seguridade" que supón a vía. Segundo indica nun comunicado o alcalde, César Poza (PSOE), leva desde maio de 2022 enviando comunicacións oficiais ao Ministerio solicitando a corrección de diversos problemas na execución das obras, "sen ter respostas satisfactorias" por parte do Goberno.

"O último informe elaborado por técnicos municipais documenta múltiples deficiencias que comprometen gravemente a seguridade nas vías de servizo e acceso a establecementos comerciais da zona. Entre os problemas identificados destacan deficiencias na sinalización horizontal e vertical, carencias estruturais en barreiras de seguridade, inadecuada execución do pavimento, falta de continuidade en elementos de protección ou inseguras condicións no acceso ás zonas comerciais", recolle o Concello.

Para os devanditos técnicos, o estado actual das obras "non reúne as condicións necesarias para garantir a seguridade viaria", situando ao Ministerio como "responsable" de calquera incidencia que poida ocorrer. "O obxectivo deste Goberno local é velar pola seguridade e a protección tanto dos usuarios das vías de servizo como das que acceden aos establecementos comerciais próximos", apuntou Poza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade