Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Miño sancionará os danos en zonas verdes ou no mobiliario urbano

O Concello de Miño sancionará os danos en zonas verdes ou no mobiliario urbano

Ata 3.000 euros por colocar testos sen estaren ben suxeitos en balcóns e terrazas 

O botellón pasa a considerarse unha infracción grave con multa de ata 1.200 euros

G24.gal 16/02/2023 21:48 Última actualización 17/02/2023 07:52

Colocar testos en balcóns ou terrazas sen estaren ben suxeitos e esnaquizar árbores, plantas ou mobiliario urbano serán infraccións moi graves, con sancións que poden chegar ata os 3.000 euros.

O mesmo ocorrerá en caso de abandono de vehículos na vía pública ou de que se tiren restos da poda fóra dos puntos habilitados para tal fin.  

Son algúns dos supostos que recolle a nova ordenanza municipal do Concello de Miño de convivencia cidadá, que tamén inclúe o botellón, que pasa a considerarse unha infracción grave e, polo tanto, a ser penalizado con multas máximas de ata 1.200 euros.

Serán igualmente infraccións graves e sancionables: subir ás árbores, danar zonas verdes, realizar pintadas ou deixar mobles no exterior dos colectores de lixo.

Para as infraccións máis leves as multas partirán dos 60 euros.

No Concello de Miño defenden que a norma vén regular a protección e bo uso dos espazos e vías públicas e marca ademais obrigas para a mellora do tratamento de residuos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade